En constante cambio. Con tres especialidades: Campus Industrial, Campus Sustentabilidade e Campus Innova. E moito máis... Perfil atendido por Comunicación UDC" title="" class="btn" data-container="body" data-html="true" data-id="371785" data-placement="top" data-toggle="popover" data-trigger="focus" style="color:#b3d4fc" tabindex="0" data-original-title="Universidade da Coruña 💙💛"> 36,537 70,504
Activities
Entity types
Location
Rúa Maestranza, 9, 15001 A Coruña, Spain
A Coruña
Spain
Employees
Scale: 1001-5000
Estimated: 2,268
Engaged catalyst
15Added in Motherbase
2 years, 1 month ago[Automatic translation follows] Modern, innovative and quality
The University of A Coruña was created by Law 11/1989 of July 20, on the management of the University System of Galicia. The constituent cloister approved, on February 4, 1992, the statutes of the University that were published in the DOG of September 17, 1992.
The University of A Coruña is territorially structured in: Campus of A Coruña and Campus of Ferrol.
It is a public institution whose essential purpose is the generation, management and dissemination of culture and scientific, technological and professional knowledge through the development of research and teaching.
The University of A Coruña conceives its essential purpose as a quality public service aimed at the search for higher levels of well -being for society as a whole by means of social, scientific and technological advances in a generally accepted ethical values framework. It is part of the mission of the University of A Coruña the formation of an open, cultured, critical, committed, democratic and supportive citizenship, capable of analyzing reality, diagnosing problems, formulating and implementing solutions based on knowledge and oriented to the common good.
The University of A Coruña explicitly expresses its commitment to the study and integral development of Galicia, singularly of its social, cultural and linguistic identity, and will also promote its full integration in the European Higher Education Area and its projection in Latin America.
To provide the University with a permanent social support, the University of A Coruña Foundation, a private teaching beneficial foundation, was created.
Moderna, innovadora e de calidade
A Universidade da Coruña foi creada pola Lei 11/1989 do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia. O Claustro Constituínte aprobou, o día 4 de febreiro de 1992, os Estatutos da Universidade que foron publicados no DOG do 17 de setembro de 1992.
A Universidade da Coruña está estruturada territorialmente en: campus da Coruña e campus de Ferrol.
É unha institución pública que ten como finalidade esencial a xeración, a xestión e a difusión de cultura e de coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do desenvolvemento da investigación e da docencia.
A Universidade da Coruña concibe a súa finalidade esencial como un servizo público de calidade orientado á procura de maiores niveis de benestar para o conxunto da sociedade por medio avances sociais, científicos e tecnolóxicos nun marco de valores éticos xeralmente aceptados. Forma parte da misión da Universidade da Coruña a formación dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
A Universidade da Coruña manifesta explicitamente o seu compromiso co estudo e desenvolvemento integral de Galicia, singularmente da súa identidade social, cultural e lingüística, e asemade promoverá a súa plena integración no espazo europeo de ensino superior e a súa proxección en América Latina.
Para proporcionar á Universidade un permanente apoio social creouse a Fundación Universidade da Coruña, fundación privada de carácter benéfico docente.
Universidade da Coruña
Catalyst | Type | Tweets | Articles | |
---|---|---|---|---|
![]() Telefónica Startup accelerator & VC, Telecommunications | Telefónica Startup accelerator & VC, Telecommunications | Other 29 Mar 2021 | | |
![]() Santander Bank, Banking | Santander Bank, Banking | Other 7 Feb 2023 21 May 2024 | | |
![]() Startup Europe Startup accelerator & VC, Government Administration | Startup Europe Startup accelerator & VC, Government Administration | Other 26 Sep 2018 | | |
![]() BBVA Bank, Banking | BBVA Bank, Banking | Other 7 Nov 2016 | | |
![]() Nokia Telecoms, Telecommunications | Nokia Telecoms, Telecommunications | Other 29 Mar 2021 | |
📢A Cátedra Inditex de Sostenibilidad de la Universidad de A Coruña (UDC) clausura o Ciclo de Conferencias "En Código Aberto" o vindeiro 5/6 ás 19:30 h. no Paraninfo da Reitoría cunha charla da presidenta de Médicos Sin Fronteras España, Paula Gil Leyva, baixo o título “‘A axuda humanitaria en xaque: retos no actual contexto internacional’.
A conferencia é de acceso libre, tanto para a comunidade UDC como para o público en xeral e outorgarase un certificado de asistencia.
🔗Máis info:
✨A Universidade da Coruña acolle hoxe na Facultade de Dereito a IX Xornada Universitaria Galega En Xénero, encontro interuniversitario organizado polas Unidades de Igualdade das tres universidades galegas centrado na igualdade de xénero desde a perspectiva da investigación e a docencia.
O acto, inaugurado reitor da UDC, Ricardo Cao, e contou coa presenza de Roberto Barba, director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia; María Rivas, subdelegada do Goberno en A Coruña; Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela; e Manuel Joaquín Reigosa, reitor da Universidade de Vigo.
Este evento constitúe un espazo de reflexión sobre os nesgos de xénero, co obxectivo de seguir desenvolvendo políticas baseadas na evidencia científica e promover redes de colaboración que integren a perspectiva de xénero na actividade universitaria.
🔗 Máis info: https://bit.ly/xugex
#UDC #USC #UVigo #XUGEX #Igualdade #IgualdadedeXénero
🗣️ Os retos do almacenamento dixital e a crise climática centrarán a próxima conferencia da Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes, que será impartida pola profesora da Columbia University Marina Otero, o venres 6 de xuño no CITIC Centro de Investigacion TIC - Universidade da Coruña. 📅📍
👉 O relatorio, titulado “Nas profundidades da nube”, será de entrada libre ata completar o aforo.
➕ info: https://lnkd.in/d2ku69Q5
🌍 A profesora e investigadora da #UDC Verónica Bolón fálanos sobre a sostibilidade ambiental da IA nun interesante artigo que acaba de ser publicado en The Conversation España, a plataforma dixital de divulgación académica e científica. 📃
👩🎓👩🔬Bolón é enxeñeira e doutora en Informática pola Universidade da Coruña, profesora Titular de Universidade do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información -adscrito á Facultad Informática- e investigadora no CITIC Centro de Investigacion TIC - Universidade da Coruña. Ademais, dirixe a Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes. 🌈
O artigo completo está dispoñible en: en: bit.ly/4mBO4Tt
#sustentabilidade #sostibilidadeambiental #IA #algoritmosverdes #investigaciónudc
O Campus Industrial de Ferrol (Universidade da Coruña) foi declarado hoxe Espazo Sen Fume grazas ao convenio asinado entre a Universidade da Coruña e a Asociación Española Contra el Cáncer de A Coruña.
Esta medida, antesala do Día Mundial Sen Tabaco o 31/5, supón a extensión desta declaración a todo o campus, unificando as zonas que xa contaban con esta distinción.
O acto institucional contou coa presenza da vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da UDC, Ana Ares; do presidente da Xunta Provincial da AECC na Coruña, Manuel Aguilar; do director do programa UDC Saudable, Sergio Santos del Riego; e da presidenta e vicepresidenta da Xunta Local en Ferrol, Isabel Estevan e Mabel Sanesteban.
🔗Máis info: https://bit.ly/CIFSenFume
#ComunidadeUDC #UDCSenTabaco #DíaMundialSenTabaco #EspazoSenFume #UDCSenFume